Friday 17 de May de 2024

O Concello de Frades condena actos vandálicos perpetrados en espazos públicos


O equipo de Goberno xa presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil e busca a colaboración cidadá para atopar aos culpables

O Concello de Frades presentou unha denuncia ante a Garda Civil polos actos vandálicos acaecidos a pasada fin de semana en varias instalacións públicas do municipio. Dende o executivo local, que dirixe o popular Roberto Rey, manifestan a súa preocupación pola rotura de cristais no campo de fútbol de Abellá e no consultorio médico desta mesma parroquia, así como as desfeitas realizadas na área recreativa de Aiazo.
O rexedor de Frades, Roberto Rey, lamentou o sucedido, e incidiu na necesidade de que “estes actos non se volvan a producir, posto que as instalacións atacadas pertencen a toda a veciñanza, polo que ao final só se ocasionan gastos públicos”. Así mesmo, Roberto Rey solicitou a colaboración cidadá para atopar aos responsables destes feitos.
Os actos vandálicos da pasada fin de semana non supoñen feitos aillados. Precisamente o pasado mes de xuño tamén se produciron desfeitos na contorna doutras instalacións fradenses.